A temática versará sobre a situación da música galega anteriór a aparición do Bravú e de cómo este influíu no panorama musical e de outras artes, ata os nosos días. Tamén como creen que respira e respirará nuns anos a escena musical galega.
Todo esto visto dende fóra, dende dentro, e aderezado coas múltiplas experiencias e anécdotas que tiveron os protagonistas coas bandas que, dun xeito ou de outro, andiveron revoloteando ó redor do Bravú.
 |
Moderará Belén Regueira, xornalista, locutora do programa Extrarradio (Radio Galega) |
Participarán:
|
 |
Alberto Casal, escritor e xornalista, autor do libro “Rock´n´grelos” actualmente é director do Xabarin Club. |
 |
Emilio, ex-cantante de Skornabois,formación pioneira do bravú, actualmente é un integrante da Safari Orquestra. |
 |
María Yáñez, xornalista, responsable no seu tempo do portal Bravú.net |
 |
Manolo Rivas, escritor e xornalista, autor de numerosos reportaxes e referencias ó Bravú. Non poderá acudir por motivos de traballo |
 |
Santiago Jaureguizar, escritor e xornalista, considerado nos seus comenzos coma escritor bravú. |
 |
Suso Iglesias, xornalista, actual director da TVG, e anteriormente director do Xabarin Club. Non poderá acudir por motivos de traballo |
 |
Xavier Valiño, escritor e xornalista, autor do libro “Bravú, a paixón que queima o peito”. |
 |
Xosé Manuel Pereiro, xornalista, excantante da xa extinta formación Radio Océano, e director da revista Bravú. |
 |
Xurxo Souto, escritor, director de programación da radio galega, donde leva o timón do programa Aberto por Reformas, ex-cantante dos Diplomáticos de Montealto, e actual integrante de Os tres trebóns. |
|